Falece un mozo de 19 anos nun accidente no concello de A Mezquita

Un mozo de 19 anos faleceu e outros tres, de idades comprendidas entre os 17 e os 35 resultaron feridos en estado moi grave nun accidente detráfico que tivo lugar na madrugada deste domingo no concello ourensán de A Mezquita, segundo comunicaron á prensa fontes de Tráfico.

O sinistro produciuse pasadas as cinco da mañá na estrada OU311, no lugar de Chaguazoso, que vai á fronteira con Portugal, cando o turismo que conducía a vítima mortal saíuse da vía. A Garda Civil indica tamén que o falecido fixo uso do cinto de seguridade. Os catro mozos eran veciños de A Mezquita.

Comentarios