Falece un mozo atropelado por un tren en Monforte

A Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia recibiu hoxe ás 18:04 un aviso de que unha persoa fora arroiada por un tren no concello de Monforte.

A vítima, un veciño de 18 anos que corresponde ás iniciais J.G., foi atropelado a uns 15 metros do paso a nivel que atravesa a rúa Escultor Francisco Moure por un Alvia que facía o traxecto Madrid-Ferrol.

Unha ambulancia e persoal médico acudiron ao lugar dos feitos, onde non tiveron máis que facer confirmar a morte da vítima.

O mozo atopábase sen documentación polo que foron os seus amigos quen identificaron o cadáver unha hora máis tarde.

Comentarios