Falece a madrugada do sábado en Ribadavia ao perder o control da súa moto

Un home faleceu ás 7:01 horas de hoxe en Ribadavia, Ourense, logo de perder o control da moto que conducía, informou o centro de atención ás urxencias 112 Galicia.

Trátase dun veciño da Quinza, con iniciais J.G.F e de 37 anos, segundo fontes do 061, e que foi o único implicado neste accidente, sinalou o Grupo de Urxencia Supramunicipal (GES) da zona, o mesmo que apuntou que a vítima, que pretendía incorporarse a unha rotonda da A-52, golpeouse contra o bordo da mediana.

Ata o lugar dos feitos, no acceso á mencionada autovía, desprazáronse a Garda Civil, o propio GES e efectivos do 061.

Comentarios