Falece en Pol ao caerlle unha árbore enriba

Monte en el que se produjo el accidente (Foto: TEÓFILO LÓPEZ)
photo_camera Monte en el que se produjo el accidente (Foto: TEÓFILO LÓPEZ)

Un traballador perdeu a vida este martes nun accidente laboral rexistrado na localidade lucense de Pol, ao caerlle enriba unha árbore.

O home, segundo informou a Central de Atención ás Emerxencias 112-Galicia, estaba a traballar nunha zona forestal de Caraño de Abaixo.

A chamada ao 112 produciuse ao redor das catro da tarde. Cando os efectivos de urxencias chegaron, o home xa fora liberado da árbore polos seus compañeiros. Con todo, os efectivos sanitarios non puideron facer nada pola súa vida.

Este martes rexistrouse un segundo accidente laboral, neste caso no concello de Entrimo (Ourense), onde ao redor das 17.00 horas foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia á PAC da localidade outro traballador que resultou ferido nas costas ao saltarlle unha pedra.

Segundo testemuñas do sinistro, os feitos sucederon nunhas obras que se están realizando na ponte de Lantamil, na parroquia da Illa. 

Comentarios