Falece na Estrada o catedrático Carlos Fernández Nóvoa

O pasado mes de xuño recibira en Santiago a Medalla Castelao

O catedrático Carlos Fernández-Nóvoa Rodríguez, de 85 anos, faleceu a primeira hora deste mércores na súa casa da Estrada, onde se recuperaba dunha recente estancia hospitalaria. Referente mundial no Dereito da Propiedade Intelectual, o pasado mes de xuño recibiu en Santiago unha das Medallas Castelao.

Fernández-Nóvoa, catedrático de Dereito Mercantil, era unha persoa tamén moi destacada no ámbito intelectual. Ademais era académico electo da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación. O seu enterro terá lugar este xoves, día 1 de outubro, ás 17 horas.

Comentarios