domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Falece o condutor dun camión nunha saída de vía en Brión

O condutor dun camión que transportaba leite resultou falecido na mañá deste venres tras saírse da vía o vehículo que conducía na localidade coruñesa de Brión.

Segundo informou a Central de Atención a Urxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu preto das 11.00 horas deste venres na estrada que une Negreira e Urdilde, de acordo con informacións da axencia Europa Press no seu portal web.

A consecuencia do impacto, a vítima quedou atrapada no interior da cabina, polo que foi necesario empregar os equipos de excarceración para liberalo.

Ata o lugar do suceso desprazáronse os Bombeiros de Santa Comba, o GES de Brión,
a Garda Civil de tráfico e o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago que,
con todo, non puido facer nada por salvar a vida do home.

Falece o condutor dun camión nunha saída de vía en Brión
comentarios