Falece atropelado ao baixarse do seu coche, tras ter un accidente

Un home faleceu atropelado este mércores. O suceso ocorreu no municipio coruñés de Aranga, despois de que a vítima se baixase do seu vehículo tras verse implicada nun accidente múltiple provocado pola presenza dunha carretilla na calzada.

Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, tres automóbiles que circulaban en dirección á Coruña pola estrada A-6 atopáronse cunha carretilla de obra na calzada. Dous deles saíron da vía pola marxe esquerda, e un terceiro quedou detido no lado dereito.

Cando o seu condutor se baixou do vehículo, colocándose á beira, un cuarto turismo arroiouno e causoulle a morte. A vítima tiña 37 anos e era veciño de Teixeiro. Os outros tres condutores saíron ilesos do sinistro. A Garda Civil busca ao dono da carretilla, e barállase como causa máis probable da súa presenza na vía que caese desde algún vehículo en marcha.

Comentarios