Falece Andrea, a nena de doce anos cunha enfermidade dexenerativa

Os seus pais, Antonio Lago e Estela Ordóñez, loitaron durante os últimos días para que a menor tivese unha morte digna no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
Antonio Lago y Estela Ordóñez
photo_camera Antonio Lago y Estela Ordóñez

Andrea, a nena de 12 anos cunha enfermidade rara e irreversible para a que a súa familia solicitou unha morte digna e que estaba ingresada no complexo hospitalario universitario de Santiago (CHUS), faleceu.

Os seus pais, Estela Ordóñez e Antonio Lago, expresaron o seu desexo, unha vez que se atendeu a súa demanda e se lle retirou a alimentación que recibía por gastrostomía, de ter "intimidade" para, deste xeito, poder superar o duro transo de despedirse da súa filla maior, afectada desde que era un bebé, e segundo contaron, dunha doenza tan rara que nin sequera ten nome. O centro médico, no que estivo ingresada esta paciente, propuxo modificar o seu plan terapéutico ao producirse cambios no estado da cativa.

A xerencia informou nun comunicado recente de que se deu aviso tanto ao xulgado que entende deste caso como aos pais de Andrea, de tales "cambios clínicos" que, apostilaron, provocaron alteracións no plan terapéutico seguido ata ese momento, co visto e prace da xustiza, e levaron á modificación practicada, retirar a alimentación que Andrea recibía por gastrostomía, algo que se fixo coa conformidade dos seus pais. O servizo de Pediatría do CHUS subliñou en todo momento que a súa actuación se adecuou "ao establecido na normativa vixente".

Comentarios