Falece un turista irlandés durante unha visita ás Cíes

O home sufriu un infarto

Faro de Cíes. DP
photo_camera Faro de Cíes. DP

Un turista irlandés de 59 anos nacido en Alemaña faleceu tras un sufrir un infarto durante unha visita realizada ás Illas Cíes xunto á súa esposa, coa que se hospedaba nun establecemento de Vigo. 

Segundo detallou a Policía Nacional a Europa Press, os feitos tiveron lugar este luns ás 20.00 horas, cando os axentes foron alertados de que un home falecera no Parque Nacional Illas Atlánticas. 

Así, tras xestionar o desprazamento á illa co servizo de Salvamento Marítimo, os policías trasladáronse á subida ao faro das Illas Cíes, onde camiñaba o home cando sufriu o infarto. Mentres, a súa esposa, de 59 anos, atopábase na Praia de Rodas. 

Finalmente, trasladaron o corpo do turista irlandés á cidade olívica, onde foi sometido a unha autopsia que confirmou que falecera debido a causas naturais. 

Comentarios