Falece o profesor Federico Pomar, pai da conselleira de Educación

Faleceu este domingo en Santiago, onde residía, o profesor Federico Pomar da Igrexa, aos 84 anos, pai da actual conselleira de Educación, Camen Pomar Tojo. Foi docente durante anos do Instituto Teolóxico (ITC), redactor e director de revistas. Formou parte da denominada xeración do diario La Noche e foi autor de numerosos libros. Era un gran divulgador da cultura galega. 

Federico Pomar da Igrexa. EPFederico Pomar colaborou durante décadas no xornal compostelán El Correo Gallego. Tamén foi o ideólogo da Galicia Exterior durante a etapa de Manuel Fraga como presidente da Xunta. 

Estaba casado con María del Carmen Tojo Alonso e era pai de Carmen María Pomar Tojo, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, ademais de funcionaria da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC; e sogro de Fuco Reyes Cora, un dos fotógrafos máis laureados de Galicia. 

Os seus restos mortais foron trasladados ao tanatorio de Boisaca, onde este luns se celebra unha misa, ás 12.30 horas, polo seu eterno descanso. O martes terá lugar un funeral, ás 17.00 horas, na igrexa de San Fernando.