Falece un peregrino nunha pensión de Arzúa

Os traballadores do negocio atopárono sen vida sobre as 9.30 horas
Indicador del Camino de Santiago a su paso por Ribadeo. AEP
photo_camera Indicador do Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo. AEP

Un peregrino foi achado morto este xoves na habitación na que se hospedaba na pensión Rúa en Arzúa, informaron a Efe fontes do establecemento.

Os traballadores do negocio atopárono sen vida sobre as 9.30 horas no cuarto individual que ocupaba e deron aviso á Garda Civil da localidade.

Ao lugar trasladouse tamén un médico do pobo que só puido certificar a súa morte.

Todo apunta a que o falecemento puido deberse a un infarto, aínda que se está á espera da autopsia para confirmalo.