Falece Manuel Penedo, alcalde do Irixo durante máis de tres décadas

O popular, que obtivo maioría absoluta nas eleccións de maio, será substituído por Manuel Cerdeira
Manuel Penedo. XUNTA
photo_camera Manuel Penedo. XUNTA

O Irixo perdeu nas últimas horas o que foi o seu alcalde nos últimos 32 anos, o popular Manuel Penedo. Fontes do PP de Ourense confirmaron a Europa Press o falecemento do rexedor, que chegou ao cargo en 1987. A capela ardente de Penedo, que levaba un tempo enfermo, instalarase no consistorio ourensán.

O popular foi reelixido tras alcanzar a maioría absoluta nas eleccións do pasado 26 de maio. O PP obtivo seis concelleiros, fronte aos tres edís dos socialistas. Agora será o seu número dous, Manuel Cerdeira, quen asuma a alcaldía. 

O presidente da Deputación de Ourense e do partido a nivel provincial, Manuel Baltar, expresou as súas condolencias a través da súa conta de Twitter, na que destaca a Penedo como "leal e traballador como poucos". "Un profundo abrazo abrazo para a familia e veciñanza", manifesta Baltar.