Falece un home na praia de Coroso de Ribeira

Un home perdeu a vida este mércores cando se atopaba na praia de Coroso, en Ribeira, por causas que ata agora se descoñecen, atendendo á información do 112 Galicia. Ocorreu sobre as seis da tarde, momento no que varios particulares alertaron da situación do home ao servizo de urxencias.

O 112 Galicia solicitou entón a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvar a vida do home. Tamén foi informada a Policía Local.