Falece en Pantón ao caerlle enriba un carballo que estaba a cortar

A vítima, un home de 75 anos, estaba a axudar a un veciño nunha leira de Espasantes

Un home de 75 anos de idade, Eulogio Calvo Pérez, natural de Pantón e veciño de Monforte, faleceu sobre as dúas da tarde deste mércores na parroquia de Espasantes, no municipio de Pantón, tras ser esmagado por un carballo de gran porte que axudaba a cortar.

De pouco serviu que os servizos de urxencia desprazasen de inmediato ata o lugar do suceso aos bombeiros do corpo comarcal e a unha ambulancia medicalizada, así como a un helicóptero do 061, para intentarlle salvarlle a vida, pois cando chegaron constataron o seu falecemento.

Os feitos ocorreron no lugar das Laxas, en Espasantes, cando Eulogio Calvo axudaba a un amigo a cortar uns carballos nunha leira da súa propiedade.

É a segunda persoa que falece na provincia de Lugo no prazo de dous de dos días esmagado pola caída dunha árbore, tras un accidente laboral ocorrido o martes en Vilalba.

Comentarios