martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Falece ao caer dunha escaleira mentres podaba unhas árbores en Barro

Un home faleceu este xoves como consecuencia da caída que sufriu mentres podaba unhas árbores na parcela da súa casa en Barro. Sucedeu sobre as 20.00 horas no lugar de Costenla, que pertence á parroquia que dá nome ao municipio.

O falecido estaba a realizar esta tarefa sobre a escaleira cando se moveu unha pata da mesma caendo directamente desde o alto da mesma. O home chamábase José G.D. e tiña 67 anos, segundo apuntan fontes veciñais. O suceso causou gran conmoción na localidade.

Ao momento desprazouse un equipo medicalizado no helicóptero de Urxencias Sanitarias, ademais de efectivos da Garda Civil e de Protección Civil. Non se puido facer nada salvo certificar o falecemento.

Falece ao caer dunha escaleira mentres podaba unhas árbores en Barro