Falece atropelado na Vía de Alta Capacidade entre Vilagarcía e Cambados

Un cambadés de 40 anos morreu na madrugada deste mércores na estrada

Lugar en el que se produjo el suceso. DP
photo_camera Lugar en el que se produjo el suceso. DP

Un veciño de Cambados de iniciais F.F.P. faleceu na madrugada deste mércores no termo municipal pontevedrés tras ser atropelado por un vehículo na VG-4.3, á altura da saída de Corvillón, sentido AG-41.

Un particular púxose en contacto ás 4.30 horas co Centro Integrado de Atención ás Urxencias (Ciae) 112 Galicia para comunicar o suceso e solicitar asistencia urxente para unha persoa tendida na vía.

No dispositivo de urxencias participaron o persoal do 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Ribadumia e axentes da Garda Civil.

Ata ao lugar do accidente tamén acudiron a Policía Local e Protección Civil de Cambados, que ademais solicitaron medios de limpeza para retirar os restos do accidente e restablecer as condicións de seguridade na vía. Descoñécense aínda as causas do suceso.