Falece unha persoa tras precipitarse na zona das antigas baterías de Covas

Na zona hai un importante dispositivo policial e unha comisión xudicial será a encargada de autorizar o levantamento do cadáver
Una ambulancia del 061. ARCHIVO
photo_camera Una ambulancia del 061. ARCHIVO

Unha persoa faleceu sobre as 18.40 horas deste luns, 31 de xaneiro, tras precipitarse na zona das antigas baterías de Covas, nas proximidades do cabo Prior, en Ferrol.

Ao lugar do incidente desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer para salvarlle a vida, ademais desprazarse Bombeiros de Ferrol e axentes das Policía Local de Ferrol e Policía Nacional.

Na zona hai un importante dispositivo policial e unha comisión xudicial será a encargada de autorizar o levantamento do cadáver.