lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

Extinguidos os incendios forestais de Montederramo e A Mezquita

Fontes da Consellería do Medio Rural informaron o domingo da extinción de dous incendios forestais. O primeiro deles afectou á parroquia dos Abeledos, no municipio ourensán de Montederramo. Este lume iniciouse na noite do pasado venres, quedando finalmente extinguido a medianoite do sábado.

Segundo as primeiras estimacións provisionais, afectou a unha superficie dunhas 100 hectáreas, das cales aproximadamente 40 corresponden a monte arboledo e os restantes 60 a superficie rasa. Na extinción deste incendio traballaron catro axentes forestais, oito brigadas, unha patrulla de vixilancia, cinco motobombas e unha pa.

Por outra banda, esta mañá quedou extinguido un incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Mezquita, na parroquia de Castromil. Segundo os primeiros cálculos, as chamas afectaron a unha superficie de 21,03 hectáreas, das cales 6,38 corresponden a monte arboledo e os restantes 14,65 a raso.

Na extinción deste lume, que se iniciou o sábado pola tarde e que quedou extinguido ás nove da mañá do domingo, traballaron un técnico, dous axentes forestais, cinco brigadas, tres motobombas e dous avións.

Extinguidos os incendios forestais de Montederramo e A Mezquita
comentarios