Extinguidos dous incendios na Peroxa e Calvos de Randín

A Consellería do Medio Rural informou da extinción de dous incendios forestais rexistrados nos municipios ourensáns da Peroxa e Calvos de Randín.

Polo que se refire ao da Peroxa, parroquia de Celaguantes, o incendio iniciouse onte, día 6, ás 22:42 horas, e quedou extinguido ás 20:31 horas desta tarde.

Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada alcanza unhas 40 hectáreas, das cales 30 corresponden a arboledo e 10 a monte raso. Na extinción deste lume traballaron 4 axentes, 15 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 1 avión, segundo informou Medio Rural nun comunicado.

Ademais, tamén quedou extinguido o incendio rexistrado onte no concello ourensán de Calvos de Randín, na parroquia de Randín.

O lume forestal comezou onte xoves, ás 19:25 horas, e deuse por extinguido ás 20:45 horas da tarde de hoxe.

En base "a primeiras valoracións provisionais", a superficie afectada rolda as 25 hectáreas (20 de arboledo e 5 rasas). No control deste lume traballaron 8 axentes, 7 brigadas e 5 motobombas.

Comentarios