Extinguidos de madrugada os focos de Vilardevós e Monterrei

Os lumes que desde onte ardían en Vilardevós e Monterrei, ambos os municipios ourensáns, quedaron extinguidos durante a pasada noite.

En concreto, o primeiro foi sufocado sobre as 00,57 horas da madrugada deste venres e o segundo quedou apagado sobre as 1,30 horas, respectivamente, de acordo coas informacións que publica a axencia Europa Press no seu portal web.

Segundo precisaron fontes da Consellería do Medio Rural e do Mar, o lume de Vilardevós calcinou un total de 14 hectáreas de monte raso, mentres que, pola súa banda, o de Monterrei queimou 9,5 hectáreas de monte arboledo. De todos os xeitos, estas mesmas fontes puntualizaron que estes datos son aínda provisionais.

No incendio de Vilardevós foron mobilizados finalmente un técnico, catro axentes, nove brigadas, cinco motobombas, unha pa, tres helicópteros e 10 avións. No que respecta ao de Monterrei, foron despregados un técnico, cinco axentes, 13 brigadas, catro motobombas, unha pa, nove helicópteros e sete avións.

Comentarios