Á primeira hora da mañá deste domingo quedou extinguido o incendio que desde o mediodía do sábado afectaba o termo municipal de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e que calcinou 24 hectáreas.
Pues a esto nos vamos a enfrentar hoy #Brif Laza en incendio por la zona de Vilamartín de Valdeorras (Ourense). pic.twitter.com/cvIWJ0U2nQ
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) March 28, 2020
Segundo informa a Consellería do Medio Rural, as chamas foron sufocadas ás 8,24 horas deste domingo. As estimacións provisionais cifran a superficie afectada polo lume en 24 hectáreas, todas de monte raso.
Nas tarefas de extinción participaron catro axentes, oito brigadas, catro motobombas e tamén medios aéreos.