Extinguido o incendio no municipio ourensán de Trasmiras, que arrasou 30 hectáreas

Un incendio forestal que comezou onte á noite no concello ourensán de Trasmiras, e que queimou trinta hectáreas, quedou extinguido esta tarde, informou a Consellería de Medio Rural.

O lume comezou ás 22:00 horas de onte e deuse por apagado ás 17:00 horas.

Nos traballos de extinción participaron un axente forestal, dez brigadas, dúas patrullas, un grumir, once motobombas e unha pa.

Comentarios