Extinguido o incendio de Ribadeo

A Consellería de Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal que se iniciou o pasado martes no municipio lucense de Ribadeo.

O lume rexistrouse na parroquia da Devesa e quedou extinguido ás 21:00 horas de onte á noite, logo de queimar 19,5 hectáreas, das que 16 eran arboredos.

Nos traballos de extinción participaron 1 técnico, 8 axentes forestais, 20 brigadas e as dotacións de 8 motobombas, 1 pa, 2 avións e 2 helicópteros.


Medio Rural deu así mesmo por extinguido a última hora de onte o lume que, a través de dous focos diferentes, afectaba desde había dous días a localidade ourensá de Rubiás. A Xunta garante, ademais, que o lume afectou ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

O lume iniciouse o martes na parroquia da Veiga de Cascallá quedou extinguido onte ás 20:05 horas. Afectou, segundo estimacións provisionais, a unha superficie de 47,96 hectáreas, das cales 43,46 son de monte raso e o resto arborado. Nos traballos de extinción participaron 5 axentes forestais, 11 brigadas, 3 motobombas, 6 helicópteros e 2 avións.

O incendio rexistrado onte na parroquia do Porto, pola súa banda, quedou extinguido case ao mesmo tempo, ás 20:09 horas e afectou, segundo estimacións provisionais, a unha superficie de 83,75 hectáreas de monte raso. Nos labores de extinción traballaron 4 axentes forestais, 11 brigadas, 3 motobombas, 6 helicópteros e 2 avións.

Comentarios