Extinguido o lume de Quiroga tras calcinar 19 hectáreas

A Consellería de Medio Rural dá por extinguido o incendio que comezou onte, á primeira hora da mañá no municipio lucense de Quiroga, concretamente na parroquia de Montefurado, despois de que o lume calcinase unhas 19 hectáreas de monte raso.

Segundo informou a propia Xunta de Galicia, o lume comezou ao redor das dúas e media da tarde e quedou extinguido ás dez da noite.

Os traballos de extinción implicaron a catro axentes forestais, nove brigadas, tres motobombas, unha escavadora, catro helicópteros e dous avións

Comentarios