lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

Extinguido o incendio forestal da Mezquita

As chamas orixináronse a última hora do martes e en menos dun día consumiron polo menos 30 hectáreas de monte raso, segundo cálculos provisionais

O incendio forestal iniciado onte á noite no municipio ourensán da Mezquita quedou extinguido, anunciou este mércores a Consellería de Medio Rural.

O lume detectouse ás 22:36 horas do martes na parroquia de Vilavella e queimou unhas 30 hectáreas de monte raso, segundo os primeiros cálculos aínda provisionais.

Na súa extinción traballaron un técnico, tres axentes forestais, oito brigadas e a dotación de tres motobombas, unha pa, catro helicópteros e un avión.

Extinguido o incendio forestal da Mezquita
comentarios