O exministro Francisco Caamaño toma posesión como catedrático da Universidade da Coruña

O reitor presidiu o acto oficial e enmarcou a súa incorporación "na captación de talento" do centro académico

Toma de posesión de Francisco Caamaño como catedrático de la Universidade da Coruña. UDC
photo_camera Toma de posesión de Francisco Caamaño como catedrático da Universidade da Coruña. UDC

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, presidiu este mércores o acto oficial de toma de posesión do exministro de Xustiza e profesor Francisco Caamaño como catedrático desta universidade, en concreto da área de coñecemento de Dereito Constitucional. Ao acto asistiron tamén o secretario xeral da UDC, Carlos Aymerich, e o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten, entre outros. 

O reitor cualificou como parte da "captación de talento" a incorporación plena á Universidade da Coruña do exministro de Xustiza, que ata o momento estaba como docente en calidade de comisión de servizos, cubrindo unha baixa na Facultade de Dereito. 

Comentarios