Excarcerada unha persoa tras chocar o seu turismo contra un camión en Vilar de Barrio

Un particular avisou ao 112, que acudiu ao lugar dos feitos
Imagen de archivo de una ambulancia. EFE
photo_camera Unha ambulancia acudiu ao lugar. EFE

Unha persoa resultou ferida e necesitou ser excarcerada este luns despois de que o vehículo que conducía polo municipio de Vilar de Barrio (Ourense) chocase contra un camión de mercancías. 

Segundo informa o 112, os bombeiros de Xinzo de Limia tiveron que intervir no accidente para liberar á vítima, que posteriormente foi levada ao centro hospitalario de referencia por parte de Urxencias Sanitarias-061. 

A central de urxencias tivo constancia do sinistro sobre as 11,15 horas da mañá, cando un particular chamou para solicitar axuda para o ocupante dun turismo que chocara cun camión de transporte de mercancías. 

Así, para garantir as condicións de seguridade na vía e facilitar o labor dos equipos de urxencia, o 112 pediu a intervención ao GES de Laza, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Vilar de Barrio.