Excarceran á condutora dun turismo que envorcou na A-6 en Aranga

A muller quedara atrapada no interior do coche e unha vez liberada foi trasladada ao Chuac

Unha muller que conducía un vehículo que envorcou na A-6, á altura do punto quilométrico 549, en Aranga , dirección Lugo, tivo que ser excarcerada polos bombeiros de Betanzos, segundo informou este domingo a central que coordina as urxencias en Galicia.

Esta persoa quedara atrapada no interior do coche e unha vez liberada foi trasladada nunha ambulancia ao servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Como consecuencia deste contratempo, resultou danada a barreira de seguridade, polo que tivo que intervir un equipo de mantemento do Ministerio de Fomento.

O accidente produciuse ás cinco desta madrugada e no operativo participaron bombeiros, técnicos sanitarios e axentes da Garda Civil de Tráfico. 

Comentarios