viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Evacuado en helicóptero un menor atropelado en Vilar de Santos

El helicóptero del 061, en Outes. HELICO SANTIAGO
Helicóptero del 061. ARQUIVO
Foi trasladado ao hospital de Ourense

Un menor tivo que ser evacuado en helicóptero este luns tras sufrir un atropelo no lugar de Outeiro, na localidade ourensá de Vilar de Santos. O accidente tivo lugar poucos minutos antes das sete da tarde. Sobre esa hora os operadores do centro Integrado de atención ás emerxencias de Galicia alertaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Xinzo do sinistro, tras recibir o aviso por parte dos profesionais do 061.

A aeronave medicalizada con base en Ourense trasladou o rapaz ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

BAÑOS DE MOLGAS.  Unha hora antes, o 112 Galicia tamén era alertado por mor dunha saída de vía con dúas persoas feridas, no concello de Baños de Molgas. Novamente, foron os servizos sanitarios de urxencia os que indicaron que o accidente tiña lugar na estrada de Maceda cara o santuario dos milagres. Nese momento, dende o CIAE-112 informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de San Cibrao, ao Ges de Pereiro de Aguiar e aos membros de Protección Civil da localidade.

Foron estes últimos os que, desde o lugar dos feitos, confirmaron ao 112 Galicia o traslado das dúas persoas feridas.

Evacuado en helicóptero un menor atropelado en Vilar de Santos