viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Evacuado un ciclista tras sufrir unha caída no medio do monte no Carballiño

Imagen de archivo del helicóptero del 112. ARCHIVO
Helicóptero do 112. ARQUIVO
Foi trasladado ao centro hospitalario de referencia

Un home precisou ser evacuado en helicóptero medicalizado tras sufrir unha caída nunha pista forestal no concello do Carballiño.

A alerta entrou na central do 112 Galicia a través da chamada dun particular, ás seis e media da tarde. Nesta, a persoa requería asistencia sanitaria para un home que acababa de caer da súa bicicleta, no medio do monte, e perder a consciencia no golpe.

Inmediatamente, os xestores do CIAE-112 alertaron aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, aos Bombeiros e membros de Protección Civil do Carballiño e ao 061.

Pouco despois, os servizos sanitarios confirmaron que o helicóptero medicalizado con base en Ourense, se desprazaba para a zona forestal situada entre os lugares de Cimadevila e Fonteantigua.

Finalmente, o 061 confirmou que o home foi trasladado en helicóptero ao hospital de referencia.

Evacuado un ciclista tras sufrir unha caída no medio do monte no...