Evacuada ao hospital unha nena tras sufrir un afogamento nunha piscina en Cangas

O suceso ocorreu nunha vivenda na zona das Pedreiras
Una ambulancia del 061.AEP
photo_camera Unha ambulancia do 061.AEP

Unha nena de ao redor de tres anos de idade tivo que ser este mércores trasladada de urxencia ao hospital tras sufrir un afogamento na piscina dunha vivenda na zona das Pedreiras, en Cangas. Polo momento descoñécese o estado de gravidade da menor.

Segundo fontes policiais, o suceso tivo lugar ao redor das 20.30 horas e mobilizou á Policía Local, Protección Civil, Garda Civil e aos servizos sanitarios, que evacuaron á menor nunha ambulancia medicalizada. Tamén se deu aviso a un helicóptero, pero finalmente non foi necesaria a súa intervención.