A Eurorrexión prepara un mapa para detectar a pobreza

Contará en 2021 cun sistema que permitirá coñecer a situación de cada cidade para evitar "bolsas de marxinación". Tamén se creará un plan urbano para limitar o uso do coche
JAVI 10.00-10.15  Llegada de alcaldes del Eixo Altántico al Teatro Principal A las 10.30 empezará pero solo nos dejan ir al anfiteatro. (Só se poderá acceder ao anfiteatro do Principal)  Inauguración do cumio de alcaldes e alcaldesas do Eixo Atlántico pola reconstrución post-covid
photo_camera Encontro de alcaldes do Eixo Atlántico celebrado en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Eixo Atlántico traballa na elaboración dun mapa para detectar a pobreza. O obxectivo deste sistema, que permitirá coñecer a situación social e económica das cidades e municipios, é evitar "bolsas de marxinación" a través da activación de políticas públicas de reactivación. Así o avanzou este xoves no encontro de alcaldes celebrado en Pontevedra o secretario xeral da entidade transfronteiriza, Xoán Vázquez Mao, quen confirmou que a iniciativa estará lista o ano que vén.

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal tamén porá o acento na necesidade de poñer en marcha novos modelos urbanos. A intención é a creación dun plan de mobilidade urbana sostible que tratará de impulsar iniciativas para limitar o uso do coche e promover outras formas de transporte. Con esta medida buscarase mellorar os parámetros ambientais e contribuír á loita contra a urxencia climática.

Vázquez Mao defende que o Goberno non pode destinar axudas do fondo de reconstrución a empresas cuxo capital non sexa español

Vázquez Mao reivindicou como exemplo a exportar o papel "innovador" e de colaboración entre os municipios transfronteirizos para superar as adversidades. "Somos dous territorios similares, pero dispares que demostramos que somos quen de axuntar esforzos. A pesar das distintas cores políticas, falamos e chegamos a puntos de acordo. Ese ten que ser o espello onde mirarnos", dixo respecto da nova etapa que se abrirá logo da crise do coronavirus.

O secretario xeral do Eixo sinalou, ademais, que a saída a esta situación non pode ser a aposta polos empregos precarios. "Cantos destes traballos lle permiten á xente ter un proxecto de vida? E manter a Seguridade Social e pagar impostos para manter a educación?", dixo para reclamar postos de traballo "de calidade".

JAVI 10.00-10.15  Chegada de alcaldes do Eixo Altántico ao Teatro Principal ás 10.30 empezará pero só déixannos ir ao anfiteatro. (Só se poderá acceder ao anfiteatro do Principal)  Inauguración do cumio de alcaldes e alcaldesas do Eixo Atlántico pola reconstrución post-covid

"CABALO DE TROIA". Vázquez Mao referiuse tamén ao fondo de reconstrución ao que o Goberno de España ten acceso para axudar a empresas que están en apertos. E fíxoo a título individual para defender que esta liña de apoio económico non pode chegar a compañías como Iberia ou Vodafone, "que non son empresas do noso territorio e nin sequera son españolas, senón do Reino Unido, que abandonou a Unión Europea".

"España non debe de actuar como un cabalo de Troia para que o diñeiro da UE vaia a empresas inglesas, senón que debe de ou investir en quen paga aquí os seus impostos e xeran riqueza e con iso manteñen a sanidade, educación e a propia administración pública", dixo, para reclamar que estes recursos se utilicen nas firmas de proximidade. "Teñen que ser para as nosas empresas e para vos nosos autónomos", concluíu.

Comentarios