miércoles. 15.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 15.07.2020
El tiempo

Un estudo sitúa a Galicia, Canarias e Andalucía como destinos favoritos este verán

As Catedrais. X.L.
As Catedrais. X.L.
Unha sondaxe "entre máis de 20.000 viaxeiros" de Lonely Planet tamén sinala á comunidade como elección predilecta estas vacacións
 

Un estudo que analiza o comportamento dos residentes en España á hora de elixir destino este verán por mor da Covid-19, liderado por un investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC) sitúa a Galicia, Canarias e Andalucía como os destinos predilectos. As conclusións do informe extráense das máis de 850 enquisas realizadas en todo o país a partir dunha pregunta inicial: '¿Planificou vostede algunha viaxe nos próximos meses?'.

E, desde as respostas obtidas, o documento constata que os participantes non teñen intención, en liñas xerais, de renunciar "ao turismo como parte da súa axenda de lecer", aínda que mostran o seu propósito de "apostar, na medida do posible, por destinos próximos" para "contribuír á recuperación económica do sector".

Neste contexto, entre os destinos máis citados sobresaen Canarias, Andalucía e Galicia, zonas que durante a pandemia tiveron unha menor incidencia de casos. Así mesmo, os enquisados apostaron polo sol, a praia, a cultura e a natureza como principais motivos da súa elección.

Nunha liña semellante, Portugal e Italia "son vistos como destinos á alza" en detrimento de países máis afastados.

Outros factores de referencia para os viaxeiros apuntan á posibilidade de asegurar o diñeiro investido fronte a posibles imprevistos pola situación sanitaria. De feito, o estudo desvela que xorden novas preocupacións para decantarse por un ou outro destino, como posibles enfermidades endémicas do lugar ou a calidade do seu sistema sanitario.

En calquera caso, os enquisados manifestan polo xeral que non cambiarán os seus hábitos á hora de coñecer a gastronomía local ou relacionarse cos nativos.

LONELY PLANET Este informe coincide cos resultados da sondaxe "entre máis de 20.000 viaxeiros" da especialista en guías de viaxe Lonely Planet. Segundo a empresa, as votacións deixan "ben claro" que Galicia "é o destino local favorito para viaxar este verán".

Un estudo sitúa a Galicia, Canarias e Andalucía como destinos...
comentarios