miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Os estudantes co Premio Fin de Carreira reivindican unha "mellora continua" na educación

Os distinguidos co Premio Fin de Carreira e as autoridades, este venres en Santiago. XOÁN REY (Efe)
Os distinguidos co Premio Fin de Carreira e as autoridades, este venres en Santiago. XOÁN REY (Efe)
Feijóo eríxeos en exemplo "de traballo e dedicación" e defende seguir apostando pola formación e o coñecemento

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este venres a traxectoria dos 69 estudantes que recibiron en Santiago o Premio Fin de Carreira e puxo en valor as universidades galegas, "factoría de excelencia e de equidade". 

En nome dos galardoados interveu Andrea Falcón Leal, de Matemáticas, quen reivindicou a educación como "un dos valores máis importantes", á vez que subliñou que debe ser "inconformista" e estar "en estado mellora continua". A estudante tamén apostou por alcanzar "a excelencia" e trasladou o seu agradecemento ás familias polo seu apoio, aos profesores, ás universidades galegas e á Xunta.

Feijóo, pola súa banda, erixiu aos galardoados en "exemplo de traballo e dedicación", e incidiu na importancia de seguir "apostando pola formación e o coñecemento". Non en balde, defendeu que a educación é "a clave sobre a que se sustenta calquera sociedade que quere ser libre". 

O presidente da Xunta destacou os resultados do informe Pisa na comunidade

No acto tamén estiveron presentes a conselleira de Educación, Carmen Pomar, e os reitores das tres universidades galegas, así como familiares dos mozos galardoados.

No evento, Feijóo instou os mozos a aproveitar "as oportunidades" e destacou os resultados do informe Pisa 2019, "os mellores da historia da educación pública galega", e que acreditan que a comunidade se sitúa "á cabeza das autonomías en ciencias, e está entre os primeiros postos en matemáticas". 

Ao termo do acto, o presidente fíxose unha fotografía de familia cos mozos e tivo a oportunidade de departir con eles. De feito, tras preguntarlles como verían que se incrementase unha hora a formación de Educación Física, intercambiou impresións cun galardoado desa disciplina, quen defendeu a importancia de todas as ramas de coñecemento, algunhas "moi transversais" como a súa propia carreira, e de non centrarse unicamente na promoción das científicas. 

Os estudantes co Premio Fin de Carreira reivindican unha "mellora...
Comentarios