Un estudante da UDC que estaba de Erasmus falece atropelado en Romanía

O mozo cursaba Educación Primaria na Facultade de Ciencias da Educación
Facultad de Ciencias da Educación de la UDC. GOOGLE MAPS
photo_camera Facultad de Ciencias da Educación de la UDC. GOOGLE MAPS

Un estudante da Universidade da Coruña (UDC), Adrián García Pereira, de Erasmus en Romanía, faleceu atropelado, segundo confirmaron a Europa Press desde o reitorado, cuxo reitor, Julio Abalde, deu traslado do sucedido.

O mozo estudaba Educación Primaria na Facultade de Ciencias da Educación do campus coruñés e a súa morte produciuse na noite do mércores en Romanía.

No web, a Facultade de Ciencias da Educación un crespón negro en recordo do seu alumno. Tamén convocou un minuto de silencio o luns, día 4. Por parte do reitor, Julio Abalde, e do decanato da Facultade trasladáronse as condolencias á familia.