Estrelas no Camiño reunirá a 69 estrelas Michelín en Galicia

Os beneficios desta acción serán entregados Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple
Presentación del evento. XUNTA
photo_camera Presentación do evento. XUNTA

Galicia volverá reunir este ano a 69 estrelas Michelin que se desprazarán á comunidade para participar no evento gastronómico Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago, que organizan o restaurante Casa Barqueiro, en Negreira (A Coruña) e a Xunta.  

A cita foi presentada o 5 de xullo pola directora de Turismo de Galicia, Nava, xunto a Rogelio Rial, promotor do evento, os chefs Manuel Costiña e Pepe Vieira, e a presidenta da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Teresa González

O evento solidario impulsado por Casa Barqueiro de Negreira reunirá a cociñeiros que nesta edición suman 69 estrelas Michelin

O evento solidario impulsado por Casa Barqueiro de Negreira reunirá a cociñeiros que nesta edición suman 69 estrelas Michelin, dos cales oito son galegos.

"Galicia é unha potencia mundial en turismo debido aos recursos tan espectaculares como os que nos achegan as nosas augas e as nosas terras. Grazas as accións como a que estamos a presentar, permítennos facer visibles os valores que máis e mellor definen a Galicia: gastronomía, patrimonio, cultura, Camiño de Santiago e, sobre todo e por encima de todo, solidariedade", indicou Nava Castro.

Os beneficios desta acción serán entregados á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple

Castro destacou a importancia da enogastronomía para o destino Galicia, converténdose este en "o segundo motivo para a chegada de turistas á nosa comunidade".

Os beneficios desta acción serán entregados Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, entidade sen ánimo de lucro que ten a finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por estas doenzas, así como a dos seus familiares e coidadores

Comentarios