Controlado o incendio forestal na Mezquita

O lume afecta, segundo as últimas estimacións, a 37 hectáreas

A Consellería de Medio Rural informou de que o lume rexistrado no concello ourensán da Mezquita, na parroquia de Pereiro, quedou controlado ás 20.43 horas.

Segundo as últimas estimacións, este lume afectou a 37,2 hectáreas, todas elas de monte raso.

Comezou ás tres da tarde e no seu control estiveron traballando catro axentes, once brigadas, cinco motobombas, unha pa, seis helicópteros e dous avións.

Comentarios