Extinguido un incendio en Vilamartín de Valdeorras que queimou 30,75 hectáreas

Zona calcinada en Vilamartín de Valdeorras. BRIGADA DE MARROXO
photo_camera Zona calcinada en Vilamartín de Valdeorras. BRIGADA DE MARROXO

Un incendio forestal rexistrado este luns pola tarde no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras resultou extinguido tras arrasar algo máis de trinta hectáreas.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse este luns ás 19.47 horas na parroquia de San Vicente de Leira e finalmente foi extinguido este martes ás nove da noite.

O lume afectou a 30,75 hectáreas e no seu control participaron sete axentes, trece brigadas, seis motobombas e un helicóptero.

Este lume prodúcese un pleno estado de alerta que obriga á cidadanía e permanecer nos domicilios e chegou a alcanzar 1,5 quilómetros de fronte.