Permanece estabilizado o incendio do parque natural do Invernadoiro tras queimar 32 hectáreas

O incendio leva activo desde o venres

Incendio en O Invernadoiro. TWITTER (@basevilamaior)
photo_camera Incendio no Invernadoiro. TWITTER (\basevilamaior)

O incendio iniciado este venres no municipio ourensán de Vilariño de Conso, no parque natural do Invernadoiro, continúa activo aínda que estabilizado, tras afectar a preto de 32 hectáreas de terreo. 

O lume forestal comezou o venres ás 16. 42 horas, na parroquia de San Mamede de Hedrada, segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural. 

Nos labores de extinción desde o inicio do lume participaron dous técnicos, 22 axentes, 61 brigadas, 25 motobombas, unha pa, 5 helicópteros e oito avións. 

Comentarios