Espectacular incendio nun aparcadoiro de Pontevedra

Un espectacular incendio rexistrouse a últimas horas da noite deste sábado en pleno centro de Pontevedra, no aparcadoiro subterráneo de Montero Ríos e Praza de España, na Alameda.

O lume iniciouse ao redor das once da noite, e un par de horas despois xa estaba controlado, aínda que os bombeiros permanecían no lugar intentando airear as instalacións.

Unha densa fumareda apropiouse do centro da cidade, que se viu invadida tamén polo cheiro da combustión. 

Foi precisamente a gran cantidade de fume o que dificultou a localización da orixe do incendio. Cando os bombeiros chegaron ao foco das chamas encontráronse con que procedían dun vehículo que estaba separado dos demais, o que facilitou as tarefas de extinción. A instalación eléctrica do aparcadoiro e o tendido de da rúa Reina Victoria tamén víronse afectados.

Propietarios dos vehículos queixáronse ante a Radio Galega da falta de información por parte das autoridades.

Comentarios