O xulgado número 1 de Ponteareas, competente en violencia sobre a muller, decretou este venres prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido onte en Ponteareas (Pontevedra) por propinarlle unha malleira á súa exparella, da que se recupera na UCI do hospital de Vigo.
O arrestado está investigado polos delitos de asasinato en grao de tentativa, homicidio en grao de tentativa ou lesións graves así como violación de morada e quebrantamento, informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Os feitos producíronse nunha vivenda da parroquia de Ribadetea, onde o agora detido, de 56 anos, irrompeu para propinarlle unha malleira á súa exparella.
Na vivenda atopábase o fillo de ambos os dous, de 30 anos, que tamén foi agredido polo seu pai ao intentar mediar na disputa, aínda que non sufriu lesións graves, e que foi quen avisou os servizos de urxencia.
A vítima foi trasladada ao hospitasl Álvaro Cunqueiro (Vigo), está internada na UCI, onde foi intervida quirúrxicamente por mor das lesións sufridas.
Actualmente atópase fóra de perigo.
Vecinos e amigos da vítima concentráronse este mediodía fronte ao Concello para protestar contra a agresión e como medida de apoio