Enfermería, Medicina e ADE, títulos máis demandados polas empresas en Galicia

Una enfermera atiende a un paciente de coronavirus en un hospital. EFE
photo_camera Unha enfermeira atende un paciente nun hospital. EFE

Enfermería, Medicina e Administración e Dirección de Empresas son as titulacións máis demandadas no mercado laboral en Galicia, segundo un estudo realizado polo portal InfoEmpleo e Spring Professional, do grupo Adecco

A análise revela que a pandemia afectou á formación universitaria, xa que caen en Galicia as ofertas de emprego que demandan titulados universitarios. "Durante o último ano, o 32,5% delas recolleu entre os seus requisitos que o candidato conte, como mínimo, cunha titulación universitaria, proporción que se reduciu 5,5 puntos porcentuais en favor da Formación Profesional", apunta. 

A porcentaxe de ofertas de emprego nas que se demanda formación universitaria é algo inferior á media de España, onde este é un requisito incluído no 33,7% das vacantes. 

Este ano Enfermería álzase como a carreira máis solicitada polas empresas galegas, xa que o 12% das ofertas de emprego que requiren estudos universitarios fai referencia a esta titulación. Esta demanda aumentou 8,4puntos porcentuais no último ano. 

Tras ela, Medicina colócase segunda, cun 10,8% das ofertas, e séguelle ADE cun 10,2%. Entre as seis carreiras con máis saídas laborais en Galicia atópanse tamén tres enxeñerías: Industrial, Informática e Electrónica Industrial e Automática. Mentres, Economía pasa a ser a que máis baixa a súa presenza para quedar no 0,63% das ofertas. 

Comentarios