Atopan a muller desaparecida o martes en Cualedro

E.F., a muller de Cualedro (Ourense) de 76 anos que desaparecera o pasado martes, 15 de abril, foi atopada esta tarde polo operativo que traballaba na súa procura, e presentaba desorientación e algunhas mazaduras.

Segundo informaron desde a Garda Civil, foi localizada ás 17:45 horas da tarde de hoxe polo equipo de montaña que participaba no operativo.

A muller atopábase nunha paraxe da localidade do Castelo, cualificado polo Instituto Armado como de difícil " acceso".

Comentarios