Un empresario nigranés paga 1.380 euros por 100 quilos de polbo que resultan ser só xeo

O hostaleiro confía en que a gravación das cámaras do seu establecemento poña rostro ao presunto estafador

El bloque de hielo con las patas de pulpo. TVG
photo_camera O bloque de xeo coas patas de polbo. TVG

Un hostaleiro de Nigrán denuncia ser vítima dunha fraude: pagou 1.380 euros por cinco caixas de polbo a 12 euros o quilo e recibiu un bloque de xeo.  Cando o desconxelou atopou apenas unas cantas patas do cefalópodo. "Un bloque de xeo con catro tentáculos por riba, nada máis", explica o empresario en declaracións á TVG.

Dentro do malo, non comprou máis porque pronto pechará o restaurante por vacacións. "Colleume que neste momento o polbo está escaso, a xente está a demandar moito e calquera pica", explicou a vítima, que non ten factura.

Agora confía en que a gravación das cámaras do seu establecemento poña rostro ao seu presunto estafador.

Comentarios