Un centro de historia e renome

Elena Cartea González, nova directora da Misión Biolóxica do CSIC na comunidade galega

Responsable do Grupo de Xenética e Bioquímica de Brásicas, era desde 2011 a vicedirectora no equipo que encabezaba Pedro Revilla Temiño, o que substitúe. Ana María Butrón Gómez será, pola súa banda, quen ocupe o seu anterior posto como vicedirectora
Elena Cartea González, junto a alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
photo_camera Elena Cartea González, junto a alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nomeou a Elena Cartea González nova directora da Misión Biolóxica de Galicia (MBG) e vicedirectora a Ana María Butrón Gómez.

Elena Cartea (Vigo, 1967), responsable do Grupo de Xenética e Bioquímica de Brásicas era desde 2011 a vicedirectora no equipo que encabezaba Pedro Revilla Temiño, o que substitúe.

Licenciada en Bioloxía (1990) pola Universidade de Santiago de Compostela, obtivo o título de doutora na mesma universidade coa tese Potencial do germoplasma do millo gran para mellorar a adaptación do millo doce.

Nun comunicado do CSIC, a nova directora da MBG sinalou que os seus obxectivos son que a Misión "continúe incrementando a súa visibilidade no ámbito nacional e internacional como centro de referencia na área das Ciencias Agrarias e incremente o seu persoal e promova colaboracións co sector empresarial".


Comentarios