O SUP entrega o carbón do día de Reis aos políticos

O Sindicato Unificado de Policía (S.U.P) deixa este mediodía ás portas da Subdelegación do Goberno en Lugo os dous sacos de carbón que, segundo este colectivo, deixaron os Reis Meigos para os "políticos" polos "recortes" aplicados durante todo o pasado ano.

En declaracións a EFE, o secretario provincial dese sindicato en Lugo, Diego Fernández, explicou que os membros do S.U.P se encargaron de redactar "unha carta para os Reis Meigos" na que lles explicaban "todos os recortes sufridos durante 2012" por decisión da clase política, e a súa resposta foi o envío de dous sacos de carbón.

Segundo Diego Fernández, os funcionarios públicos tamén perciben "as penurias que está a pasar a xente" e son conscientes de que "todos temos que arrimar o ombreiro" para sacar ao país da situación na que se atopa. Con todo, tamén opina que "a clase política tiña que dar exemplo".

Desde o seu punto de vista, a postura sería diferente se os dirixentes adoptasen "medidas valentes", pero "empezando por eles mesmos", porque "dentro da súa casa non fixeron reformas".

Comentarios