O smartphone é o gran aliado nos días de calor

Ademais da toalla, a tecnoloxía tamén se converteu nun dos básicos do verán
José Luis y su familia
photo_camera José Luis y su familia

O sol de xullo chega a Galicia como unha liberación. Logo dun longo inverno, moitos turistas poden gozar por fin da calma que traen consigo os días de vacacións.

No verán a praia de Silgar convértese no punto neurálxico da vila. Un mar de toallas, antucas e cadeiras de praia alaga este punto costeiro enchéndoo de vida. Familias, parellas, adolescentes, nenos... Todos reúnense a beiras da ría para deixar que o sol broncee a súa pel. As terrazas dos establecementos do paseo tamén son un fervedoiro de liberdade estival.

Entre pas de praia e crema solar, os veraneantes botaron man dun novo indispensable de praia: o teléfono móbil. Hoxe en día estes aparellos contan con todo un abanico de aplicacións que suplen todas as posibles necesidades do usuario, como revisar os diferentes perfís en redes sociais, consultar o correo electrónico ou coñecer que tempo fará ao día seguinte.

Hoxe en día os móbiles contan con todo un abanico de aplicacións que suplen todas necesidades do usuario, como revisar os diferentes perfís en redes sociais, consultar o correo electrónico ou coñecer que tempo fará ao día seguinte

Tanto é así que Sandra está sentada coa vista fixa na pantalla. Iván, a súa parella, está tombado ao seu lado lendo o xornal. Ela afirma que utiliza o seu smartphone para entreterse mirando as redes sociais, especialmente Facebook, sacar fotos do idílico paisaxe e gravar algún vídeo. Destaca que, ademais, adoita levar o MP4 porque escoitar música mentres toma o sol resúltalle relaxante. Él tamén adoita ir á praia co seu teléfono para "estar sempre conectado", aínda que non o utiliza demasiado.

Noutra zona de Silgar, Manuel revisa as súas mensaxes mentres o seu fillo mira con ollos curiosos o que fai o seu pai. "Pilláronte", dille a súa muller, Susana. No seu caso, soamente leva o teléfono encima para estar comunicado, pero afirma que tampouco lle dá moita importancia. Están de vacacións e o fundamental para eles é desconectar.

Á beira do mar, María José grava coa súa smartphone un vídeo relatando un dos primeiros días de praia da súa neta. A pequena, acompañada polo seu avó, rebulda coa area mollada. A familia utiliza o teléfono principalmente para documentar as primeiras experiencias da nena nos areais, polo que a cámara de fotos é igualmente unha fiel compañeira do día de praia. WhatsApp tamén é unha ferramenta importante para eles: utilizan a aplicación para comunicarse co resto da familia. Posiblemente ese vídeo, coa súa neta como protagonista, sexa enviado mediante a plataforma de mensaxería. Un pouco menos importantes son para eles as redes sociais. María José revisa Facebook de cando en vez, aínda que tampouco con excesivo interese.

Mentres tanto, entre os turistas descóbrense multitude de actividades que realizan como distracción. Algún que outro grupo de mozos xoga ao fútbol e outros ás pas. é habitual ver algún veraneante ollando unha revista, lendo un xornal ou completando algún encrucillado nunha revista de pasatempos. Outros tantos toman o sol cos auriculares postos, gozando quizais desa sensación de calma da que Sandra afirma que se contaxiaba ao illarse do resto do mundo. Pero, sen ningunha dúbida, os que máis abundan son aqueles que miran o seu móbil. Xente sacándose fotos cos seus amigos ou parellas, mantendo unha conversación telefónica, consultando as noticias ou actualizando os seus perfís nas redes sociais. Parece que o smartphone converteuse nunha nova extremidade do corpo.

Na praia ven actividades como xogar ao fútbol ou as pas, ler un xornal, completar encrucillados... pero, sen ningunha dúbida, os que máis abundan son aqueles que miran o seu móbil

O mundo da tecnoloxía é moi amplo e conseguiu enganchar a case todo o mundo. Unha acción tan instructiva como ler tamén foi informatizada. O libro electrónico chega con forza, e proba diso é que varios veraneantes gozan do sol acompañados dos seus textos favoritos escritos con tinta electrónica.

Elena, sentada tranquilamente na súa toalla, relé a súa novela favorita. "O eBook é xenial", afirma. Para ela, ler na praia é incriblemente relaxante e o libro electrónico facilítalle moito as cousas. Deste xeito, xa non é necesario que cargue cos exemplares en papel e ten a posibilidade de cambiar facilmente de lectura. Elena afirma que a praia é o único sitio onde le pola sensación de tranquilidade que lle transmite. Neste contexto se desentiende do teléfono: "Podería prescindir del". A cámara de fotos é a única aplicación que utiliza, de cando en vez, durante os seus días de praia.

Sentados en liña, cada un nunha cadeira de praia, unha familia de tres parece ser tamén conquistada polo eBook. José Luis, que se define a si mesmo como "un apaixonado do modelismo naval", atópase lendo unha novela clásica no libro electrónico que, por certo, é propiedade da súa filla. "Eu teño o meu en casa, este deixoumo ela", afirma antes de continuar dicindo que tamén adoita utilizar moito o seu iPod. Para el, na praia é indispensable reunir dúas das súas grandes afeccións: ler e escoitar música clásica. Por iso, sérvese tanto dun eBook como dun iPod para completar a súa xornada estival ideal. Elena, muller de José Luis, non sente moi apegada ás novas tecnoloxías. ás veces acode á praia co teléfono móbil, pero na maioría das ocasións déixao en casa. ás veces si que utiliza o libro electrónico, pero é moito máis afeccionada a ler en papel. Para ela os libros teñen moito máis valor. A filla de ambos, homónima da súa nai, di que "na praia nada de móbil, só un libro. Se estamos de vacacións é para desconectar". José Luis coincide coa súa filla nesta afirmación. Él odia o móbil xa que "é o gran impertinente". ela tampouco dá importancia aos aparellos reprodutores de música. A súa guitarra é, en ocasións, a súa única compañía cando vai estudar á praia, pero unha vez máis recalca que o que busca nunhas vacacións é relaxarse.

España é líder mundial no uso de telefonía móbil, tal e como revelaba o estudo Dixital in 2016 realizado pola axencia We Are Social

Queda patente que o móbil é, en maior ou menor medida, o dispositivo máis utilizado polos veraneantes. España é líder mundial no uso de telefonía móbil, tal e como revelaba o estudo Dixital in 2016 realizado pola axencia We Are Social.

Chama a atención que os españois apenas acceden a Internet a través dos navegadores, se non que o fan mediante as aplicacións. Estas son as raíñas. O 90% do tempo de uso do smartphone está dedicado a elas, sendo WhatsApp a favorita, seguida de Facebook. A aplicación de mensaxería da rede social, Twitter e Instagram tamén se fixeron un oco nos dispositivos.

Teléfonos, libros electrónicos e reprodutores de música marcan a tónica xeral durante os días de praia. Resulta innegable que as novas tecnoloxías facilitaron o día a día dos usuarios, converténdose aos poucos nunha ferramenta indispensable para eles.

Comentarios