O PSOE pide ''por favor'' ao PP que retire o seu recurso ao TC contra a lei do aborto

A súa presidenta, Micaela Navarro, solicita esa medida "independentemente" do debate sobre a reforma que se celebra este martes no Congreso

A presidenta do PSOE, Micaela Navarro, pediu este mediodía ao PP que "por favor" retire o recurso contra a lei do aborto que mantén no Tribunal Constitucional "independentemente" do debate este martes sobre a súa reforma para que as menores non poidan interromper o seu embarazo sen permiso.

Navarro asistiu en Miño, A Coruña, á ofrenda floral á activista feminista e mestra na República María Vázquez, acompañada polo secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

"Que respecte, por favor, a loita de moitas mulleres ata chegar á lei que dá cobertura á necesidade que unha muller pode ter nun momento determinado para interromper o embarazo", dixo a presidenta do PSOE en referencia ao PP.

En declaracións aos xornalistas, avogou por implementar a Lei de Educación Sexual e Reprodutiva de 2010 porque "canto máis desenvolvida estea menos embarazos non desexados haberá".

Comentarios