O PSOE pide eliminar a peaxe na AG-55 durante as obras do Porto Exterior

O PSOE de Arteixo (A Coruña) pediu hoxe ao Goberno local que esixa á Xunta a eliminación da peaxe na AG-55 entre este municipio e A Coruña mentres duren as obras de enlace do viario do Porto Exterior con esta autoestrada.

"E por decencia, que non teñan o valor de volver a polo cando terminen", apostilou nun comunicado.

Ao seu xuízo, resulta "inexplicable" como durante as obras de enlace da AG-55 co viario do Porto Exterior, nas que nun tramo a autoestrada só ten un carril por sentido e "sen as comodidades dunha vía rápida", haxa que "seguir soportando o pago dunha peaxe máis que inxustificado".

Comentarios