O prezo do aluguer mantense estable en Galicia en abril

O prezo medio da vivenda en aluguer en Galicia mantense estable en abril e alcanza un valor medio de 5,33 euros/m2 ao mes.

Este prezo sitúase un -22,8% por baixo da media de España, que en abril é de 6,91 euros/m2 ao mes, segundo datos do portal inmobiliario fotocasa.es.

En canto ao ranking de comunidades autónomas co prezo medio da vivenda en aluguer máis baixo en abril, Galicia ocupa a sexta posición, o que quere dicir que o aluguer soamente é máis económico na Comunidade Valenciana, Murcia, A Rioxa, Castela-A Mancha e Estremadura.

Galicia rexistrou o seu máximo histórico no prezo da vivenda de aluguer en xullo de 2008, data na que alcanzou un valor de 7,39 euros/m2 ao mes; desde entón acumulou un descenso dun -27,9%, segundo a mesma fonte.

Por provincias, Ourense é a única que rexistra un descenso do prezo (-0,6%), mentres que aumenta no resto, en Lugo (+0,6%), en Pontevedra (+0,2%), e na Coruña (+0,1%). 

Esta clasificación analiza tamén os prezos nas sete cidades galegas, así como Culleredo e Arteixo, onde se apunta que en Lugo aumentou un 2,3%, seguido por Santiago (+1,4%). No lado oposto, o municipio que máis descende o seu prezo é Pontevedra (-1,2%). 

Comentarios